venres, 24 de abril de 2026

Micro.cronómetr.relatos

A Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra convoca o XVI Certame de microrrelato.
Está destinado a persoas maiores de 14 anos que deberán escribir en 110 minutos a súa composición a partir de tres palabras que se van comunicar no momento de comezar.
O concurso contra o reloxo terá lugar o 12 de maio ás 17:30 na sede da EOI.
Para facilitar a participación tamén se poderá participar asistindo ás súas seccións en Lalín e no instituto Valle Inclán da cidade do Lérez. 
As bases completas están accesibles NESTA LIGAZÓN ou facendo clic na imaxe do inicio e indican que o primeiro premio consta dun vale de 200€ para adquirir materiais culturais en galego... e hai máis!
Podes tamén escanear o QR do cartel, que che amosamos ampliado:


Ningún comentario:

Publicar un comentario