venres, 17 de abril de 2026

Nós tamén creamos?

Como XA VOS COMENTAMOS NO MES DE NOVEMBRO, está próximo a finalizar o prazo para entregar as pezas do Concurso de curtas de animación en lingua galega 'Nós tamén creamos!'
Este concurso está dirixido a alumnado dende segundo ciclo de infantil até sexto curso de primaria.
Para participar deberás realizar unha curtametraxe coa técnica de fotograma a fotograma.
O último día para presentar os traballos será o 30 de abril.
Tes toda a información sobre o concurso no Portal da Lingua Galega NESTA LIGAZÓN.

Ningún comentario:

Publicar un comentario