luns, 27 de abril de 2026

DeepL: Novo tradutor de galego en liña

Haberá aínda quen se queixe de que non ten tradutores dabondo, ou de que non funcionan para a lingua galega... cando xa vos falamos do Gaio (aí, sempre, na barra da dereita), sen ir máis lonxe.
Hoxe traemos unha novidade en tradutores: DeepL incorporou hai uns días a lingua galega -entre outras- á súa plataforma de tradución automática.
Responde así á necesidade de mellorar a comunicación profesional en contornos onde a nosa lingua se usa regularmente.
Deste xeito pretenden facilitar a interacción entre empresas e administracións, así como mellorar a axilidade na atención ao cliente, a documentación e as operacións cotiás.
Esta ampliación forma parte dunha estratexia máis ampla de DeepL para ampliar a súa oferta lingüística e mellorar as ferramentas de automatización e integración de tradución.
"O galego, cun uso cotián amplo dentro de Galicia", din desde DeepL, "aparece como un caso moi ligado á administración e aos servizos sen perder o compoñente empresarial. Desde comunicacións municipais ata materiais de atención ao cidadán, ter soporte consistente axuda a que o (eido) dixital non obrigue a “cambiar de idioma” para ser eficiente".
Para accederes a DeepL podes facer clic NESTA LIGAZÓN ou na imaxe do inicio.
Se queres ampliar a información sobre esta novidade, podes ler ESTA NOTICIA.

Ningún comentario:

Publicar un comentario