mércores, 20 de maio de 2026

Kiko e a man

Hai unhas semanas @s compañeir@s de 1º e 2º cursos de Primaria achegáronse á biblioteca do noso centro para asistir a unha sesión de contacontos na que logo tiveron que facer a súa parte.
O propósito era traballar a educación en igualdade e a prevención de abusos sexuais a través do conto "Kiko e a man".
Kiko ensínanos a decidir en que situacións deberiamos aceptar o contacto físico doutras persoas -e que tipo de contacto- e en que  outras situacións deberiamos rexeitalo.

Tamén nos aconsella -en xeral pero especialmente tamén en momentos complicados- buscar o apoio e  a seguridade dos nosos adultos de confianza.


Ningún comentario:

Publicar un comentario