venres, 15 de maio de 2026

Polas Letras, marcapáxinas virais

Este domingo é o Día das Letras Galegas e xa vai sendo hora de que fagamos públicos os premios que aínda non publicamos (valla a redundancia).
O Premio da Canle para Mariña no 'Fai viral a poesía!!!' é coñecido desde o mesmo día da votación, emocionante coma nunca.
Pero aínda non che comunicáramos o Premio do Alumnado, que nesta ocasión foi para Ana e Xulia, nin o Premio do Xurado, que gañou Xabi.
Todos ben merecidos: se queres recordar os seus poemas visita ESTA ENTRADA ANTERIOR DA NOSA BITÁCORA.
E o que falta por desvelar... no fondo ela xa o saberá, porque recoñecería o seu deseño ao comezo desta entrada: efectivamente, o Premio da Terceira Edición do Concurso de Marcapáxinas co gallo do Día das Artes Galegas (que nesta ocasión lembra a figura do fotógrafo José Suárez) foi para... Aya.
Parabéns a tod@s e tamén ao resto das persoas que non gañastes pero quixestes participar... nalgún caso o premio estivo ben reñido, se cadra estivo a piques de tocarche a ti!!!
E agora que xa temos os marcapáxinas, é o momento de repartírvolos para que lles poidades dar bo uso no Día das Letras Galegas... e para sempre!

Ningún comentario:

Publicar un comentario