Hai poucos días presentouse o XIV Proxecto Didáctico Antonio Fraguas Fraguas.
Esta iniciativa (impulsada pola fundación dedicada ao autor e na que colabora a Xunta de Galicia) ten como obxectivo favorecer que se leven a cabo actividades entre a comunidade escolar que poñan en valor a lingua, a prestixien e fomenten o seu coñecemento e uso, relacionándoa directamente coa nosa cultura.
A convocatoria convida o alumnado, seguindo a liña trazada polo labor docente e científico de Antonio Fraguas, a realizar pescudas sobre o patrimonio etnográfico, antropolóxico, lingüístico, xeográfico, histórico e artístico galego.
Un capítulo do traballo dedicarase a abordar algún aspecto lingüístico, xa sexa a toponimia, antroponimia, léxico ou fraseoloxía.
Convócase o premio en dúas modalidades, dotadas con 7.000€ cada unha para desenvolver o proxecto no caso de resultar gañador.
Se queres máis información consulta ESTA NOTICIA do Portal da Lingua Galega.
As bases completas telas NESTA LIGAZÓN pero xa che dicimos que a data límite para presentar unha proposta é o 25 de maio.
venres, 8 de maio de 2026
XIV Proxecto Didáctico Antonio Fraguas
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)


Ningún comentario:
Publicar un comentario