xoves, 14 de maio de 2026

Pontecesures, activado...

Como sabemos, neste ano que se conmemora o centenario do Concello o noso centro está desenvolvendo o proxecto 'Vemos a vila con outra mirada'.
Este proxecto, por outra parte, é herdeiro dun homónimo (que ten o mesmo nome) desenvolvido polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
O alumnado de 1º e 2º de Primaria, aproveitando a materia de Proxecto Competencial, está a empregar o seu tempiño en coñecer a nosa vila da man da robótica máis elemental.
E faino, sempre, traballando en equipo, como podemos ver nestas imaxes.


Ningún comentario:

Publicar un comentario