martes, 19 de maio de 2026

ProxectARTE

Espazo Proxector está de volta!
Aínda que nunca marchou...
As artes visuais protagonizan a nova entrega desta iniciativa de divulgación en lingua galega.
Esta nova entrega de Proxector céntrase nas artes plásticas cunha selección de doce vídeos que exploran distintas disciplinas e a súa relación coa ciencia.
O percorrido inclúe contidos sobre figuras como José Suárez (homenaxeado neste ano, como sabemos, no Día das Artes Galegas) ou Maruja Mallo.
Recolle tamén achegas á fotografía histórica, á arte urbana e ao patrimonio artístico galego.
Ademais, a proposta destaca o potencial da creación artística como ferramenta para divulgar coñecemento científico.
Con esta nova escolma, o Espazo Proxector procura reforzar o papel da lingua galega na transmisión cultural e científica.
Se queres máis información sobre esta novidade de Proxector non perdas ESTA NOTICIA DA WEB DO CONSELLO DA CULTURA GALEGA.
Para accederes á nova entrega de Proxector fai clic NESTA LIGAZÓN ou na imaxe superior.

Ningún comentario:

Publicar un comentario