xoves, 7 de maio de 2026

Begoña Caamaño: navegar no pracer do azul

Xa podes reproducir desde esta mesma bitácora o documental ‘Begoña Caamaño: navegar no pracer do azul’.
Este filme percorre a vida e o legado de Begoña Caamaño, desde a súa infancia en Vigo ata a súa madurez en Santiago de Compostela.
Mostra como medrou nos barrios do Calvario e Coia, onde comezou a súa vocación xornalística e se formou como unha persoa comprometida coa lingua e coa cultura galegas.
En Santiago consolidouse profesionalmente na Radio Galega e escribiu as súas dúas novelas ‘Circe ou o pracer do azul’ e ‘Morgana en Esmelle’.
A obra de Begoña aparece marcada por unha reinterpretación feminista dos mitos clásicos e pola reflexión sobre a memoria íntima e colectiva.
O filme constrúe un retrato coral a través dos testemuños da súa irmá, de amizades, compañeiras, críticas literarias e persoas que compartiron con ela vida e profesión.
Tamén incorpora dramatizacións das súas personaxes literarias e a participación da mocidade, conectando o seu pensamento co presente e coas novas xeracións.
En conxunto, o documental presenta a Begoña Caamaño como unha autora valente, feminista e innovadora, cuxa voz segue sendo actual e necesaria.
Agora só falta que lle deas ao ‘PLAY’...

Ningún comentario:

Publicar un comentario