Con motivo da dedicación do Día das Letras Galegas 2026 a Begoña Caamaño, a Asemblea de Mulleres do STEG elaborou unha unidade didáctica e o podcast 'Celebrando a Begoña Caamaño'.
A súa intención é achegar ao alumnado a figura dunha autora fundamental para comprender a literatura, o feminismo, o xornalismo e o pensamento crítico na Galiza contemporánea.
O podcast está conducido por Marga Tojo e reúne distintas voces do ámbito do xornalismo, da literatura e do activismo feminista.
Dentro del, Lucía Junquera aborda a faceta xornalística de Begoña Caamaño, Pim Patinho reflexiona sobre o seu activismo feminista e as escritoras Susana Sánchez Arins e Eli Ríos afondan na relevancia da súa obra literaria e da súa achega á cultura galega.
Este recurso didáctico posúe grande utilidade para traballar na aula cuestións relacionadas coa igualdade, a defensa da lingua galega e a creación literaria desde unha perspectiva crítica e coeducativa.
Ademais... é de balde!!!!
Se queres acceder ao podcast e á unidade didáctica podes facelo a través DESTA LIGAZÓN.
Se prefires ir direct@ xa desde a nosa bitácora:
- PREME AQUÍ para accederes á Unidade Didáctica
- PREME AQUÍ para accederes ao podcast


Ningún comentario:
Publicar un comentario