luns, 11 de maio de 2026

Por Eva e Celtia, no recordo sempre

O CEIP Padre Crespo de Xunqueira de Ambía convoca o XIII Certame de Debuxo, Conto e Relato "Falando de Solidariedade".
Este certame organízase en memoria de Celtia e Eva, que faleceron no tráxico accidente do tren Alvia en Angrois.
Desde ese fatídico suceso, neste centro recollen o espírito solidario que alí xurdiu e ano tras ano tentan sementar a solidariedade entre o alumnado.
A temática deste ano versará sobre “Historias solidarias no tempo das vagas de lumes”.
O certame vai dirixido a alumnado desde educación infantil ata bacharelato, alumnado da EPA e da ESA, de toda Galiza que presenten obras orixinais e inéditas en lingua galega.
O prazo de entrega dos traballos remata o 25 de maio.
Se queres consultar as bases co Certame nas súas diferentes categorías podes facelo desde ESTA LIGAZÓN.
Deixámosche outras dúas ligazóns nas que podes descargar tamén as plantillas se queres participar nas categorías de "DEBUXO HORIZONTAL" ou de "DEBUXO VERTICAL".

Ningún comentario:

Publicar un comentario