venres, 29 de maio de 2026

Faise camiño ao sementar

Do mesmo xeito có ano pasado, e có anterior, @s peregrin@s que repousan no noso veciño Albergue xa poden encher as súas horas de descanso escoitando poemas en lingua galega.
Cales?
Cales van ser! Os presentados á edición deste ano do 'Fai viral a poesía!!!'.
Para iso deixámoslles no vestíbulo o cartaz co acceso aos poemas presentados ao concurso a través dun código QR específico no caso dos gañadores e doutro común a todas as propostas.
Ademais, facilitámoslles o acceso a esta bitácora para -tamén mediante o seu código QR- poderen consultar todos os recursos que día a día achegamos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario