Como podes ver sobre estas liñas o Trasno colouse no cartel de Sementando poesías no Camiño deste ano.
En galego, español, portugués, francés e inglés convida @s peregrin@s a desfrutar dos traballos d@s nos@s poetas nos seus últimos pasos polo Camiño Portugués, faltaría máis!
Teñen unha ligazón específica ao vídeo en YouTube para cada un dos poemas gañadores (premios do Alumnado, do Xurado e da Canle) e outra para poderen visualizar todas as propostas presentadas a concurso.
Tamén engadimos a ligazón á nosa bitácora por se @s peregrin@s están interesad@s en coñecer máis polo miúdo as actividades en prol da lingua e da cultura galegas que se desenvolven no noso Centro.
E, como o ano pasado, engadimos a contorna do noso Centro (en concreto o Mirador do Pino Manso) ao tema do noso cartel, mesmo mellorándoa.
Moi pronto chegará ao Albergue para difundir a nosa mensaxe poética...
martes, 26 de maio de 2026
Sementando poesías no camino... fas viral a poesía!!!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)


Ningún comentario:
Publicar un comentario