Mago e maio, boa combinación.
Por iso, que mellor día que hoxe (que día máis maho?) para recibir no noso centro a visita do Mago Martín Camiña?
Así, pouco despois do mediodía, despregou perante as olladas incrédulas de pequenos e maiores todo o seu arsenal de trucos, coa obra de Begoña Caamaño como fío condutor.
Da súa presenza dan testemuño (pero non da súa arte) as imaxes que vos traemos.
A ver se lle compramos algún deses trucos, que nos tempos que corren -polo que contan- imos ter que botar man da maxia...





Ningún comentario:
Publicar un comentario