Un ano máis, Feiraco convoca o seu concurso de microrrelatos.
Este ano, co propósito de homenaxear a figura de Begoña Caamaño e de poñer en valor o seu impacto literario e ideolóxico, o lema do certame é “Vai de mulleres”.
Por este motivo, a proposta consiste en crear unha historia situada en Galicia e protagonizada por mulleres.
A extensión do texto non pode superar as 500 palabras.
Para escoller as propostas gañadoras avaliarase a orixinalidade (50% da valoración), a coidada redacción (25%) e o uso correcto da lingua galega (25%).
As persoas participantes terán entre o 13 de abril e o 17 de maio para subir á páxina web os seus relatos.
Se queres coñecer todos os detalles desta convocatoria (categorías, premios, etc) consulta AQUÍ A WEB DE FEIRACO.
mércores, 6 de maio de 2026
XIV Certame de Muuuucrorrelatos
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)


Ningún comentario:
Publicar un comentario