mércores, 27 de maio de 2026

Proxectando biodiversidade...

Xa che temos falado en anteriores ocasións de Proxector, a iniciativa de divulgación en lingua galega impulsada polo Consello da Cultura Galega e a Universidade de Santiago.
Hoxe queremos contarche que na súa última entrega pon o foco na diversidade biolóxica.
Non son casualidade as datas, xa que o DÍA INTERNACIONAL DA DIVERSIDADE BIOLÓXICA se celebrou este pasado venres, 22 de maio.
A proposta reúne doce vídeos centrados na biodiversidade galega e nos ecosistemas do país, desde os bosques de ribeira ata as illas atlánticas, o Xurés ou o litoral mariño.
Se queres máis detalles da noticia, consúltaos na WEB DO CONSELLO DA CULTURA GALEGA.
Se queres acceder ao contido no Espazo Proxector fai clic NESTA LIGAZÓN ou na imaxe do inicio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario