venres, 22 de maio de 2026

Festival da Primavera e das Letras

As tradicións, como é ben sabido, fanse día a día.
Xa comeza logo a ser tradición no noso centro o Festival de Primavera, que este ano serviu para conmemorar a figura de Begoña Caamaño e o día internacional contra a homofobia e a transfobia.
Que mellor desculpa para comprobar as evolucións na danza e no acrosport do noso alumnado, non?
Podemos comprobalo nas imaxes que acompañan estas letras.
Houbo tamén un momento para entregar ás gañadoras e ao gañador os seus premios nos nosos concursos de marcapáxinas e 'Fai viral a poesía!!!'
E así, xunto coa actuación do Mago Martín de onte, quédanos unha semana ben lucida.


Ningún comentario:

Publicar un comentario