mércores, 1 de outubro de 2025

Atlas Lingüístico Galego, oitava edición

 

O Instituto da Lingua Galega publicou hai poucas datas o oitavo volume do Atlas Lingüístico Galego.
Nesta ocasión céntrase no léxico vinculado ao ser humano, incluíndo 280 mapas sobre 259 conceptos recollidos en 167 localidades galegas.
No cómputo total recolle 3695 variantes léxicas para estes conceptos.
Para cada un dos conceptos ofrécese un mapa coa representación da distribución das variantes léxicas, ademais dunha páxina de notas coa relación das variantes recollidas, os significados asociados á variable estudada e a información complementaria anotada polo persoal investigador (usos das variantes, vixencia das formas ou matices de significado, entre outros). 
Se queres máis información podes consultar ESTA NOTICIA da web da Universidade de Santiago de Compostela.


Ningún comentario:

Publicar un comentario