venres, 3 de outubro de 2025

Vai o Gaio metido nun Trasno...

 
Que si, vale,  que xa sabemos que era un gato nun saco, xa, pero a música é a mesma.
A canción sérvenos, en todo caso, para comentarche que (como podes comprobar se consultas a bitácora na súa versión web) desde a columna da dereita podes acceder directamente ao tradutor Gaio.
O ano pasado XA VOS FALAMOS DESTE TRADUTOR.
A novidade é que agora podes acceder a el directamente desde a nosa bitácora, e como sempre de balde.
Seguro que xa sabes escribir perfectamente en lingua galega, pero pode ser unha axuda para outras persoas que están empezando co galego, e por que non llelo imos poñer un chisco máis doado?
Unha cousa si che dicimos: vai máis ou menos ben para as traducións do castelán ao galego e viceversa, pero o do portugués non o teñen moi alá...
E para que non digan que non damos suficientes facilidades, deixámosche dúas ligazóns máis: aos sitios para descargar a aplicación para móbiles do Gaio...
- ... PARA ANDROID
- ... PARA IOS

Ningún comentario:

Publicar un comentario