Un ano máis, para celebrar o Samaín, o EDLG convoca o concurso "Está de medo!!!"
Nesta cuarta edición pode participar o alumnado do noso Centro, nas condicións que indican as bases das imaxes que tes a seguir.
Como podes ler nelas, haberá premios para as propostas preferidas do xurado, pero o maior premio é gozar co debuxo e co medo que pases...
Anímate a participar, que (como xa advertimos o ano pasado) non sabes o molesto que é o trasno cando se pon de morros...
Se queres ver algúns exemplos de portadas de libros podes seguir ESTA LIGAZÓN á bitácora Plásticos e Cesureños.
luns, 6 de outubro de 2025
Está de medo IV
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario