O Concello de Ames organiza a VI edición do certame GaleTikTokers, que anima a crear vídeos en galego para TikTok ou a sección Reels de Instagram.
Poderá participar calquera persoa maior de 13 anos, en dúas categorías por idades, cun máximo de 60 segundos por peza e temática libre.
Repartiranse seis premios de 300 euros (catro decididos polo xurado e dous polo público), cun total de 1800 euros.
O proxecto complétase con xornadas de formación en centros de secundaria.
O prazo de presentación de candidaturas remata o 30 de outubro.
Para descargar a ficha de participación fai clic NESTA LIGAZÓN.
Se antes queres consultar as bases completas do concurso podes facelo AQUÍ.
Deixámoste tamén a LIGAZÓN Á WEB DO CONCELLO DE AMES, que -como che dixemos- é a entidade que o convoca e a NOTICIA DE EL CORREO GALLEGO que nolo conta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario