mércores, 29 de outubro de 2025

Día das Bibliotecas e festa de Samaín na Praza de Abastos

Que pasa, trasn@?
O pasado venres 24 de outubro celebrouse o Día das Bibliotecas.
Por que o 24 de outubro precisamente?
Porque ese día en 1992 foi destruída a Biblioteca de Saraxevo como resultado dun incendio durante a guerra de Bosnia (SEGUIR LIGAZÓN), ou a guerra dos Balcáns, ou as guerras... é bastante complicado.
Xa nos gustaría que recordar ese día servise para acabar coas guerras, pero tememos que non vai ser tan doado.
En todo caso, co gallo da celebración do Día das Bibliotecas, na do noso dentro contamos coa visita dun contacontos que nos entretivo con historias de Samaín.
Grazas a el aprendemos o significado da celebración do Samaín e a súa relación coa vida cotiá d@s antig@s labreg@s, así coma coa d@s nos@s devanceir@s celtas.

E se queres Samaín, dúas cuncas!!!
Porque mañá xoves, na Praza de Abastos, o Concello e a ANPA convocan un concurso de cabazas, de disfraces...
... é non parar!!!
A información tela toda no cartel...
BUUUUUUUU!!!!!!!!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario