martes, 21 de outubro de 2025

O videoxogo en galego

Moi boas, querid@ trasn@!
Xa deixaches a consola?
Pois hoxe vou contarche que xa está en marcha a exposición «O videoxogo en galego».
Impulsada por docentes da Universidade de Vigo, busca visibilizar os videoxogos desenvolvidos ou traducidos ao galego, así como promover a reflexión crítica sobre o papel da lingua na industria (que o ten) e contribuír á dinamización cultural e lingüística.
Esta exposición, itinerante, percorrerá varios institutos, comezando polo IES Politécnico de Vigo.
Dentro dela haberá pezas expositivas tanto físicas como dixitais, obradoiros e actividades interactivas.
O obxectivo da iniciativa é fomentar a creatividade cultural e tecnolóxica local e promover o uso da lingua galega neste medio.
Se queres facerche unha idea máis completa da exposición podes facer clic na seguinte imaxe:

Tamén podes descargar o pdf NESTA LIGAZÓN ou ler antes a noticia NA WEB DA UNIVERSIDADE DE VIGO.
Un novo exemplo desta presenza da lingua galega na industria dos videoxogos témolo NESTA NOTICIA de Cultura Galega da semana pasada, que nos conta que o videoxogo Hellkind, ambientado ademais en Santo André de Teixido, está dispoñible en lingua galega na plataforma Steam.
Non é o primeiro nin será o último!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario