Como vai a cousa, trasn@? Moi estresad@?
Logo isto vaiche interesar, porque a plataforma AGalega.gal ofréceche -como sempre de balde- a primeira serie de meditación en lingua galega.
A serie 'Respira', dirixida por Marguerita Morello, é a primeira serie en galego centrada na meditación.
A través de oito capítulos (ambientados en paraxes naturais como o Bosque Encantado de Aldán, a Lagoa de Castiñeiras ou a praia das Catedrais) a serie promete levarte a momentos de serenidade e autoconsciencia.
Queres probar?
Facendo clic na imaxe superior ou NESTA LIGAZÓN podes ver a serie.
Marguerita, coñecida polo seu traballo no cinema, quixo crear un espazo audiovisual para a meditación en lingua galega e así achegarche os beneficios para a saúde mental e física que ela mesma comprobou coa súa propia experiencia.
Se queres consultar a noticia en Faro de Vigo sobre esta novidade podes seguir ESTA LIGAZÓN.
xoves, 23 de outubro de 2025
Coida a lingua... e a mente!!!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario