O 9 de outubro de 1925 constituíase a primeira corporación
municicpal do recén creado Concello de Pontecesures, sendo elexido alcalde José
Novo Núñez e sendo a primeira concelleira do noso concello Asunción Calvo.
Asemade, formaban parte daquela primeira corporación municipal Luciano García
García, Antonio Vázquez Rey, Ricardo Magán, José Fernández Bóveda, José Carrera
e José López.
No que vai de ano, o Concello de Pontecesures levou a cabo
numerosas actividades centradas na divulgación da nosa historia, costumes e
vivencias que acompañaron o desenvolvemento da nosa vila, as cales se
prolongarán ata final de ano.
O vindeiro xoves 9 de outubro ás 20:00 horas
celebrarase un pleno extraordinario con motivo do noso Centenario, no cal se
proxectará o documental no que participaron veciñas e veciños de Pontecesures e
no que quixemos recoller as súas historias, a nosa historia dende a perspectiva
de quen vive e sinte a nosa vila e ó cal están convidados todas as veciñas e
veciños.
Grazas ó traballo da A.C. Xarandeira poderemos coñecer e desfrutar da
'Muiñeira de Cesures', musicada pola agrupación de música tradicional para esta
ocasión.
Ó rematar a proxección do documental, poderemos desfrutar dun
espectáculo de luces como broche final dun día tan significativo para todas e
todos as cesureñas e cesureños.
- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
Texto extraído do muro de Facebook do Concello de Pontecesures.
Ningún comentario:
Publicar un comentario