Seguramente hoxe non che vou contar algo que non soubeses, xa que apareceu en moitos informativos.
Un dos cumios da arte galega, o Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela, 'cobrou vida' grazas á aplicación de Intelixencia Artificial Grok, de X (antiga Twitter).
Grazas á IA e grazas tamén ao convite que lle fixo o polímata ribeirense Manuel Gago.
Esta animación sérvenos para poñerte sobre a pista da exposición 'Percepción e incerteza', que se pode visitar no CGAC até o 8 de febreiro, e da que proximamente che falaremos nesta mesma bitácora.
As impresionantes achegas destas tecnoloxías sérvennos para cuestionar as imaxes como 'probas de verdade' e suliñan a importancia do papel do xornalismo profesional como garante dunha percepción correcta do que realmente está a ocorrer no mundo.
Se queres ver o vídeo do que che falamos, fai clic sobre a imaxe do principio.
luns, 27 de outubro de 2025
Están vivos! ESTÁN VIVOS!!!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)


Ningún comentario:
Publicar un comentario