luns, 13 de outubro de 2025

Ler conta moito I: 'Historias dun mundo grande'

O xoves pasado, de mañá, o alumnado de 3º e 4º cursos de Primaria achegouse á Biblioteca Municipal de Pontecesures para gozar coa primeira das actividades do programa Ler conta moito programadas para este ano: 'Historias dun mundo grande'.

En 'Historias dun mundo grande' a narradora chámase Becki, que fala a través da voz de Fran Ameixeiras.
Becki ten unha biblioteca, onde pasa tempo e tempo a ler e escribir.
Cóntanos as historias que foi coñecendo nas súas demoradas viaxes polo mundo.
Estas historias serven de desculpa para cantar e bailar celebrando o respecto e a felicidade, xa que todas as historias que Becki nos conta falan da colaboración e da solidariedade entre as persoas.
E que máis...?


Si, ho! Becki é unha cadeliña.
Despois, de volta á clase, o alumnado gozou unha vez máis elaborando as súas propias historias dun mundo grande...


Ningún comentario:

Publicar un comentario