Cóntanos o dicionario en liña priberam na súa segunda acepción que en lingua portuguesa unha 'anedota' é unha "pequena narração ou dito que provoca ou pretende provocar o riso".
O seu equivalente galego 'chiste' é tamén correcto en lingua portuguesa.
Na nosa querida lingua de Camões, Pessoa ou Saramago (como na inglesa, na francesa, na alemá, na italiana e a saber en cantas outras máis) un profesor de Física e Química que exerza a súa profesión en Galiza -como podería ser Calvet nos nosos días- ten todo o dereito, de ser o caso, de impartir a súa docencia.
Pero -aquí comeza a segunda parte do chiste ou 'anedota'- en lingua galega non podería.
E non só os de Física e Química, senón tamén os de Matemáticas, Tecnoloxía e Tecnoloxía e Dixitalización.
O chiste aínda non termina, porque o mesmo organismo que respalda esta discriminación (prohibindo as clases de Física e Química, Matemáticas, Tecnoloxía e Dixitalización e Tecnoloxía en lingua galega -pero non en inglés, etc.-) permítese encher logo o peito celebrando o Día (ou o Mes, segundo como cadre din unha cousa ou a outra) da Ciencia en Galicia.
En Galicia se cadra, pero non en galego.

O Trasno considérao máis un chiste ca unha anécdota, porque unha anécdota, segundo a definición do dicionario en liña da R.A.G. na súa segunda acepción, é un "feito que carece de relevancia"... e a nós, que nos gusta chamar ás cousas polo seu nome... pois xa ves, a nós parécenos que si que a ten...
Ningún comentario:
Publicar un comentario