martes, 7 de outubro de 2025

Actividades para este curso no Museo do Pobo Galego

Como vai o día, trasn@?
O Museo do Pobo Galego de Santiago de Compostela acaba de presentar a súa programación (composta por xogos, itinerarios sonoros, visitas teatralizadas...) para este curso 2025-2026, dirixida a todo o alumnado galego, desde infantil até bacharelato.
Esta programación terá como eixe a poesía popular oral durante o primeiro trimestre (lembra que, malia ter pasado o Día, aínda estamos no ano das cantareiras -e de Castelao-).
Durante o segundo trimestre xirará arredor do Entroido -un dos puntos fortes do MPG- e no terceiro terá como tema central o centenario da redención dos foros (se tes curiosidade por saber de que trata o asunto, CONSÚLTAO NO XORNAL LA REGIÓN DE OURENSE).
Para coñeceres a programación completa, SIGUE ESTA LIGAZÓN.
Se prefires situarte antes PODES DAR UNHA VOLTIÑA POLOS ARREDORES.


Ningún comentario:

Publicar un comentario