Que non, que non, que tampouco traballo tanto.
O asunto é que o pasado mércores abriu as portas no Museo Reina Sofía e na Fundación Botín de Madrid a retrospectiva 'Máscara e compás', dedicada á xenial artista viveirense Maruja Mallo.
Maruja foi unha figura fundamental da arte española e mesmo europea no Século XX.
Como nos conta ESTA COMPLETA NOTICIA DE NÓS DIARIO, a artista galega foi unha "pioneira das vangardas e símbolo da muller moderna".
"A mostra percorre seis décadas de creación entre o surrealismo e a liberdade dunha “creadora total” que reinventou a mirada do seu tempo", engade.
Se pasas por Madrid, ata o 16 de marzo podes visitar esta exposición. NESTA LIGAZÓN podes informarte na web do Museo Reina Sofía das entradas, horarios e demais.
Como adoitamos facer, nós que somos moito de andar, ofrecémosche a posibilidade de DAR UNHA VOLTIÑA ARREDOR DO MUSEO.
Fai clic na imaxe superior se queres ver ou ler a noticia da CRTVG sobre a inauguración desta retrospectiva.
E se queres oír a canción de Sabela en homenaxe a Maruja Mallo ('A quen ignora'), dálle ao 'play'!
xoves, 16 de outubro de 2025
Mallo de outubro a marzo
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario