venres, 10 de outubro de 2025

De premio, trinta galicreques!!! E unha tertulia polos 100 anos

 

Chegou 2025, chegou outubro a Compostela e con eles a trixésima edición de Galicreques.
Así que, se gustas dos títeres, estás de sorte!
E se aínda non, aínda máis, porque de seguro vas aprender a gozar con eles.
Se fas clic NESTA LIGAZÓN ou na imaxe superior podes acceder á web do festival, na que podes consultar a programación (SEGUIR LIGAZÓN), os espazos e entradas, o Premio Galicreques deste ano e demais.
Polo tanto, desde o 11 até o 19 de outubro as rúas de Compostela van encherse de bonecos ben simpáticos, xa era hora!
NESTA NOTICIA de Nós Diario cóntannos que, no marco do festival, o público escolar poderá acceder até a 16 funcións distintas.

Pero antes, hoxe mesmo, unha cita que non podes perder.
Na Biblioteca Municipal, ás 20:00, celebrarase unha tertulia arredor da historia do noso concello, que xa ten cen anos e un día...
Toda a información tela no cartel que segue:



Ningún comentario:

Publicar un comentario