venres, 24 de outubro de 2025

Ler conta moito III: A corpo contado

A última visita deste ano dentro do programa Ler conta moito é a do alumnado de 1º e 2º de Primaria.
Na mañá de onte, na Biblioteca Municipal, asistimos á actividade titulada 'A corpo contado'.
Charo Pita cóntanos nela que as calidades máxicas do corpo están presentes en multitude de historias procedentes de todas as partes do mundo.
No espectáculo a rapazada puido escoitar contos onde os personaxes protagonistas eran diferentes e marabillosos: un posuía a mirada da aguia (á que ningunha cousa escapa), outro non vía, unha era moi alta, outra diminuta...
En todo caso, fose cal fose a súa singularidade, ao final sempre conseguían atopar o seu lugar no mundo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario