Dicía Castelao (2025, ano Castelao tamén) que a vaca é o símbolo da paz.
E que todos os cans do mundo ouvean igual.
O Consello da Cultura Galega, pola súa parte, presentou a semana pasada as conclusións do foro «Un país coa súa lingua».
Nelas recollen 95 propostas para mellorar a situación do galego en distintos ámbitos.
O documento xorde da participación de 65 especialistas e das suxestións de preto de 2000 cidadáns e cidadás.
O informe combina medidas inmediatas e estruturais para reforzar o ensino en galego e os servizos de normalización coa avaliación de políticas lingüísticas.
Destaca tamén a necesidade de coordinar institucións, mellorar a infraestrutura dixital, formar persoal, garantir financiamento e establecer indicadores que permitan continuar cos avances na normalización da lingua.
Unha das suxestións que recolle é flexibilizar as linguas de docencia das materias no ensino, como desde esta bitácora VIMOS RECLAMANDO.
Se queres acceder á información completa na web do Consello da Cultura Galega, fai clic NESTA LIGAZÓN.
mércores, 22 de outubro de 2025
Un país coa súa lingua
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario