Na mañá de onte o alumnado de 5º e 6º asistiu á segunda actividade do programa Ler conta moito programada para este ano: 'A ciclobiblioteca na biblioteca'... onde?
Na Biblioteca Municipal, que sorpresa!
A loita contra o cambio climático é o propósito de todos os contos que lle serven para pedalexar e avanzar no camiño.Algúns dos títulos son 'Salgadiña, a estrela de Fisterra', 'O paraugas Dameaugas' ou 'Caramulo e a carpinteira dos soños'... cal é o teu preferido?
Ningún comentario:
Publicar un comentario