Se estamos xa nos Santos é que asoma os fouciños o Nadal...
Desde o día 3 até o 14 de novembro podes realizar a túa solicitude para participar na Ludoteca de Nadal do Concello.
A información completa tela na web do Concello, á que podes acceder facendo clic NESTA LIGAZÓN ou na imaxe superior.
Se queres consultar directamente as bases telas AQUÍ.
Para acceder á solicitude de inscrición, PREME NESTA.
Como podes ver no cartel, as actividades da ludoteca terán lugar no anexo do pavillón das 9:00 ás 14:00, desde o día 22 de decembro até o 5 de xaneiro.
O código QR promete máis información.
Lembra: o prazo de solicitude vai do 3 ao 14 de novembro.
xoves, 30 de outubro de 2025
Ludoteca de Nadal do Concello
mércores, 29 de outubro de 2025
Día das Bibliotecas e festa de Samaín na Praza de Abastos
Que pasa, trasn@?
O pasado venres 24 de outubro celebrouse o Día das Bibliotecas.
Por que o 24 de outubro precisamente?
Porque ese día en 1992 foi destruída a Biblioteca de Saraxevo como resultado dun incendio durante a guerra de Bosnia (SEGUIR LIGAZÓN), ou a guerra dos Balcáns, ou as guerras... é bastante complicado.
Xa nos gustaría que recordar ese día servise para acabar coas guerras, pero tememos que non vai ser tan doado.
En todo caso, co gallo da celebración do Día das Bibliotecas, na do noso dentro contamos coa visita dun contacontos que nos entretivo con historias de Samaín.
Grazas a el aprendemos o significado da celebración do Samaín e a súa relación coa vida cotiá d@s antig@s labreg@s, así coma coa d@s nos@s devanceir@s celtas.
E se queres Samaín, dúas cuncas!!!
Porque mañá xoves, na Praza de Abastos, o Concello e a ANPA convocan un concurso de cabazas, de disfraces...
... é non parar!!!
A información tela toda no cartel...
BUUUUUUUU!!!!!!!!!
martes, 28 de outubro de 2025
Alea jacta... est... á... de medo!!!
Nun día sen magosto por folga-non-por-sorpresa, hoxe acabou o prazo de presentación dos orixinais para participar na cuarta edición do concurso Está de medo!!!
A próxima semana coñeceremos a decisión do xurado, que abofé non vai ser doada, pero si inapelable.
Por se queres ir facendo os teus números, a seguir tes as propostas expostas nos corredores e que, por ese motivo, entran en concurso.
Hai algunha que prefiras?
Infantil
1º e 2º de Primaria
3º e 4º de Primaria
5º e 6º de Primaria
E.S.O.

































































